Adxudicadas as obras de mellora da estrada DP-5201 de Muxía a Touriñán pola costa

1 minutes read

A Deputación da Coruña adxudicou por 404.295 euros as obras de mellora da seguridade da estrada provincial DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa, que consistirán na execución dunha nova rotonda á altura do punto quilométrico 2,4, na actual intersección que comunica esta vía coa estrada municipal que dá acceso aos lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño e coa estrada DP 2303.

O cambio desta intersección por unha glorieta proporcionará unha mellora na seguridade neste punto e unha mellor ordenación do tráfico rodado. A rotonda terá un diámetro máximo de 30 metros, cunha calzada anular de 8 metros de ancho e un diámetro central de 11 metros. Ademáis, estará iluminada cunha luminaria de 3 brazos situada na isleta central.

Tamén se renovará o firme nos primeiros 2,5 quilómetros da vía cunha nova capa de mestura bituminosa en quente que substituirá o firme actual de regos con grava. O proxecto incluirá a reposición das marcas viarias, así como a instalación de nova sinalización horizontal e vertical da glorieta. As obras comezarán este mesmo verán e o prazo de execución é de cinco meses.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?