Adxudicadas as obras de mellora nas estacións depuradoras de Laxe e Camariñas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDARs) dos concellos de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico superior aos 48.000 euros.

Estas actuacións de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa Soil Tratamientos de Aguas Industriales S.L.U.

A intervención na estación depuradora de Laxe permitirá a ampliación da capacidade de aireación do reactor biolóxico e tamén se aproveitarán os traballos para a instalación dunha escaleira no pretratamento da EDAR, e supón un investimento de máis de 45.600 euros.

Pola súa banda, as intervencións na depuradora de Camariñas, comprenden a execución dun novo canal de desinfección, a ampliación do sistema de control do vertido en continuo e a instalación dunha liña de vida no espesador de fangos da EDAR. Nesta actuación o investimento autonómico supera os 43.500 euros.

Cómpre sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha