Adxudicadas as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, que une Noia con Ribeira

1 minutes read

Trátase do reforzo do firme no treito que une Noia e Ribeira pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69,5 e 107,8, onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente en temporada de verán. Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade dos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións.

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e prevese que comecen a finais de agosto.

A intervención está encamiñada á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoa ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

O contrato tamén recolle a execución dun cambio de sentido no punto quilométrico 88+500, así como a formación dun carril central de espera para o xiro á esquerda no quilómetro 92+500, para o que será necesario ensanchar a estrada AC-550 cara á súa marxe esquerda.

Tamén se executarán pequenas melloras de drenaxe, limpeza de gabias, sinalización, balizamento e defensas.