Adxudicadas as obras de rehabilitación dos campos da Torre – Arsenio Iglesias


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou, tras a realización da Xunta de Goberno Local, a adxudicación das obras de rehabilitación dos campos da Torre – Arsenio Iglesias por máis dun millón de euros. “Trátase dun paso máis na nosa aposta por fomentar o deporte base da cidade e dotar de boas instalacións á práctica das distintas especialidades”, sinalou a rexedora. As obras de mellora, cun prazo de execución de catro meses que poderían reducirse, consistirán no cambio do céspede a un de última xeración, a modificación do sistema da rega automática e a renovación dos vestiarios.