Adxudicadas as obras de rehabilitación para construír 5 vivendas protexidas en Ferrol

1 minutes read

A Xunta de Galicia adxudicou, por preto de 1,6 millóns de euros, o contrato para a execución das obras de rehabilitación dun edificio na rúa Carme Curuxeiras 8 e a construción dun edificio no números 22-24 da mesma rúa do concello de Ferrol. Estas actuacións darán como resultado 5 vivendas e un local comercial.

O número 8 da rúa Carme Curuxeiras albergará 3 vivendas con superficies entre 67 e 97 metros cadrados útiles, así como un local comercial no baixo do inmoble.

Pola súa parte, o inmoble de Carmen Curuxeiras 22-24 disporá de 2 vivendas, con superficie útil entre 68 e 87 metros cadrados. Tamén haberá un local comercial no baixo.

Todas as vivendas contarán ademais con rochos na planta baixa dos inmobles.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?