Adxudicadas as obras de saneamento e abastecemento a Larín en Arteixo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras para completar as redes de servizos de saneamento e abastecemento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, na parroquia de Larín, no Concello de Arteixo.

Este contrato, adxudicado á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L, contará cunha achega autonómica de máis de 132.000 euros e dispón dun prazo de execución de 3 meses.

Na actualidade a parroquia de Larín é unha zona en auxe principalmente turístico, con importantes investimentos de recente construción, polo que demanda a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o saneamento.

Para isto executarase unha rede de colectores, diferenciados en 4 tramos, que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes na estrada provincial DP-0507 e outro grupo pequeno de vivendas, para finalmente conducilas á Estación Depuradora de Augas Residuais da Groba. A rede terá unha lonxitude total de máis de 1.2 quilómetros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha