- Construirase unha nova estación depuradora que dotará de servizo a 50 habitantes da zona
O Concello de Muxía adxudicou as obras de saneamento e depuración de augas residuais ao núcleo rural de Trasufre, onde residen uns 50 personas, por 132.501 euros, financiados a través do Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña.
As intervencións permitirán construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) nunha parcela de uso agrícola cercana ao lugar de Trasufre. A planta, con tecnoloxía biolóxica, contará cunha cámara de descarga, biofiltro aerobio e sistema de decantación secundaria. Os traballos tamén incluirán a execución de 417 metros de conducción de saneamento e 11 pozos de rexistro.
“Esta infraestructura require dunha gran inversión económica e cumplirá unha das promesas que fixemos cando asumimos o cargo do goberno local», destacou o alcalde de Muxía, Iago Toba.