Adxudicadas as obras do centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas

1 minutes read

Esta intervención autonómica, adxudicada á empresa Oreco Balgón, S.A., ten como obxectivo contribuír ao fortalecemento da ciberseguridade na contorna da administración pública, da cidadanía e das empresas; apoiar a innovación no sector produtivo mediante o logro da excelencia na investigación; así como o desenvolvemento de talento especializado en ciberseguridade.

A previsión é empezar as obras nos primeiros meses de 2024, para poder poñer en marcha o novo centro no ano 2025, xa que os traballos teñen un prazo de execución de 20 meses.

A empresa adxudicataria construirá o edificio que albergará o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de máis de 2.100 m2.

O complexo acollerá os espazos de monitorización e xestión de ciberseguridade, áreas de traballo e concienciación, zonas de uso externo e locais de emprendemento e de alugamento para empresas privadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?