Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones López Cao, S.L., teñen previsto iniciarse no mes de agosto e terán un prazo de execución duns 4 meses.
As intervencións proxectadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta levaranse a cabo no tramo da estrada comprendido entre o punto quilométrico 3 e o 16+200, que coincide coa intersección coa estrada autonómica AC-400, á altura do núcleo da Silva, no Concello de Cerceda.
As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada.
Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias como a disposición de captafaros, o repintando de marcas viarias, a renovación de sinais verticais e de contención e a realización dunha cuneta de seguridade, onde sexa necesario.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa estes traballos co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.