44
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, fixo pública a adxudicación definitiva de 41 novas oficinas de farmacia en Galicia ao amparo do concurso público convocado no ano 2018, delas dúas en territorio da Costa da Morte. Unha estará situada en Cee, a nome de María Mar Represas Seoane e a outra en Cospindo – Ponteceso, a nome de María Inmaculada Concepción Díaz Varela. A partir de agora os adxudicatarios terán dous meses para a presentación de toda a documentación requirida para a súa posterior posta en servizo.