Adxudicadas dúas obras de mellora na Laracha e Xermaña por 306.000 euros

Concello de A Laracha_GOOGLE MAPS

  • A xunta de goberno tamén concedeu 24 subvencións a entidades culturais, asociacións de pais e nais e a unha deportista

Na sesión da xunta de goberno local da Laracha celebrada este mércores foron adxudicados dous contratos de obras que suman un investimento total de 306.500 euros. A actuación de maior orzamento -243.500 euros- será a ampliación da estrada entre Bos Aires e O Pereiro, que forma parte do plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. Esta obra será financiada integramente con fondos municipais.

O outro proxecto céntrase na parroquia de Caión e está valorado en 63.000 euros. Neste caso a empresa Construcciones Cernadas será a encargada de mellorar o saneamento de residuos en Xermaña coa instalación dun novo bombeo así como a rede viaria, contemplándose a renovación da superficie de rodadura en dous camiños.

Tamén foron adxudicadas todas subvencións solicitadas na convocatoria de axudas para o desenvolvemento de actividades xerais nas asociacións culturais e educativas, clubs deportivos, as ANPA e deportistas locais máis destacados. En concreto 24 entidades e unha deportista individual repartiranse 97.300 euros.