Adxudicadas, entre outras, as obras da rúa Barcelona en Carballo

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou este luns a adxudicación de obras, servizos e subministros por un total de 897.463,98 euros. Entre as primeiras figuran a reurbanización e mellora da accesibilidade nas rúas Barcelona e Luis Calvo; as redes de abastecemento de auga e saneamento dos lugares de Figueroa e Outeiro, en Sísamo e a reforma e ampliación do centro social de Lema.

Ademais das obras, a Xunta de Goberno Local tamén adxudicou este luns os traballos de mellora e posta a punto das zonas verdes do concello e o subministro e colocación de pavimento deportivo e canastras elevables ao teito en instalacións deportivas, as bases e a convocatoria dunha praza de oficial de policía, un convenio coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para a realización de prácticas de formación, vaos e licenzas urbanísticas, entre elas a de reforma e acondicionamento dunha edificación para destinala a albergue turístico no lugar de Pedra do Sal (Lema).