Adxudicadas obras de mellora nas estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546

A Xunta adxudicou por máis de 1,3 millóns de euros as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546, ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira

Os traballos, adxudicados á empresa Explotaciones Gallegas, S. L., teñen un prazo de execución de 6 meses e iniciaranse previsiblemente na primeira quincena de setembro. O contrato asinarase nas vindeiras semanas.

Trátase do reforzo do firme encamiñado a restaurar ou mellorar as características superficiais do pavimento naqueles treitos que presenten maior grao de deterioro, para aumentar a seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por estas vías, moi frecuentadas, especialmente en temporada de verán.

Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade aos habitantes dos municipios onde se realizarán as actuacións: Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira. 

As actuacións que se van realizar están encamiñadas á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoo ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha