Adxudicadas por 231.000 euros as obras da rede de saneamento de Taboada e A Granxa

Pleno decembro 2019 Carballo

  • Arranca tamén o procedemento de contratación do servizo de limpeza dos colexios por un prazo de catro anos e un orzamento de 1,3 millóns de euros

Este luns a Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou a adxudicación das obras da rede de saneamento de Taboada e A Granxa, na parroquia de Entrecruces, á empresa Excavaciones y Obras Candal, que contará cun orzamento de 231.080,81 euros e un prazo de execución de cinco meses.

O Concello de Carballo está a realizar actualmente un investimento de máis de tres millóns de euros en obras hidráulicas. Ademais do abastecemento a Oza e Razo, nestes momentos están en marcha as obras aos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo.

Na sesión de hoxe tamén se aprobaron facturas por importe de 64.588,80 euros, gratificacións, solicitude de subvencións para o Festival Carballo Interplay, para a contratación de persoal para diversas áreas e para o funcionamento do Centro de Información á Muller (CIM) e licenzas urbanísticas, entre outros asuntos.

En materia de contratación iniciouse o procedemento relativo aos servizos de limpeza dos colexios de infantil e primaria e para as escolas unitarias e infantís para o período 2020-2024 e por un importe total para os catro anos de 1.340.561,93 euros.