A Xunta de Galicia incluíu ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee na adxudicación dun dos lotes de equipamento de alta tecnoloxía. A empresa adxudicataria resultou ser General Electric Healthcare España S.A.U. GE Healthcare desenvolve sistemas dixitais e analóxicos de Raios X e equipos de radiografía dixital portátiles que proporcionan a confianza clínica que necesita desde a primeira radiografía, permitíndolle obter imaxes de calquera paciente de maneira fiable, con claridade e con fluxos de traballo optimizados. Dotarase a este hospital comarcal dunha sala de raios dixital robotizada deste tipo con suspensión de teito. Ademais, contarase cun sistema dixital de radioloxía portátil por un importe de 111.320 euros.