Adxudicado o contrato da nova planta de transferencia de residuos de Curtis

1 minutes read

A futura instalación, que substituirá á microplanta que actualmente está en funcionamento neste concello coruñés, gañará en capacidade —chegando ata as 17.000 toneladas anuais—, eficiencia e funcionalidade, xa que, ademais de transvasar na mesma as fraccións de residuos correspondentes ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e contedor xenérico (fracción resto), poderá acoller a materia orgánica recollida no seu momento a través do contedor marrón.

Se ben dará servizo inicialmente aos concellos de Sobrado dos Monxes e Vilasantar, ademais do de Curtis, estará a disposición doutros 15 municipios. Ademais, a planta incorporarase á rede de infraestruturas deseñada pola Xunta para que a meirande parte dos concellos adscritos a Sogama poidan acceder á valorización dos residuos orgánicos e conten cunha instalación de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km.

A Xunta de Galicia, a través de Sogama, vén de adxudicar o contrato para a construción desta nova planta de transferencia en Curtis á UTE ATE Cartago, por un importe de 1.195.361,45 euros (IVE incluído).