A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación á empresa Vázquez y Reino do contrato de servizos de conservación, mantemento e reparación das vías municipais por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros. O contrato divídese en dous lotes: un correspondente ás vías urbanas e outro, ás rurais. Tal como recolle o prego de prescricións técnicas, a empresa encargarase de realizar as melloras necesarias de conservación, mantemento, reparación da base e do firme das rede viaria, así coma da drenaxe das vías. Deste xeito, entre os traballos que debe levar a cabo, sempre seguindo as indicacións dos técnicos municipais, figuran a limpeza e apertura de gabias, reparación de fochancas, renovación da capa de rodaxe, fresado, reforzos de firme, pavimentacións ou reparacións de beirarrúas, entre outros.
0