Os traballos comezarán o próximo mes de decembro e incluirán a renovación da antiga zona de urxencias e dos bloques cirúrxicos. A reforma do CHUAC permitirá duplicar a capacidade actual do hospital e suporá un investimento de 419 millóns de euros. Ademais, contémplanse obras na quinta planta, na área dos antigos quirófanos, para situar unha nova unidade de hospitalización con 29 camas. Na sexta planta tamén se actuará en quirófanos para situar as Unidades de Coidados Intensivos de politraumatizados e Coidados Intermedios. Na actualidade o CHUAC conta con tres ucis, distribuídas nas plantas quinta e sexta. O traslado de dúas da planta quinta á sexta permitirá crear un espazo maior, con mellor aproveitamento das zonas comúns.
40