Adxudicado o proxecto de mellora da luz exterior no campo de fútbol Irmáns Patiño, en Camariñas

1 minutes read
  • A actuación, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña

O Concello de Camariñas adxudicou este xoves, en Xunta de Goberno Local, o proxecto para a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Irmáns Patiño, que conta cun orzamento de 39.974,9 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos consistirán en substituír as luminarias existentes nas 4 torres por outras con tecnoloxía LED. Ademais, instalarase un novo soporte para poder incorporar outros dous focos e que sexan 6 os instalados en cada torre.

Este proxecto permitirá lograr unha mellor visibilidade nas instalacións do campo de fútbol, e tamén se conseguirá un aforro na factura do 73% con respecto ao gasto que tiñan as anteriores luminarias.