Adxudicado o proxecto de mellora do pavimento da rúa Cheda, na Laracha

1 minutes read

O Concello iniciará nos próximos días a execución das obras de mellora do pavimento na rúa A Cheda da capital municipal unha vez completado o procedemento de contratación deste proxecto valorado en 30.000 euros e que será financiado integramente con fondos municipais. A intervención pretende mellorar a superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.

Esta actuación terá continuidade posteriormente cun segundo proxecto localizado na vía que comunica precisamente a rúa A Cheda co núcleo de Guilfoi. Contempla, tamén, a nova pavimentación con aglomerado asfáltico para unha máis cómoda circulación rodada. O proxecto está valorado noutros 50.000 euros e está incluído polo Concello no Plan de Infraestruturas Rurais impulsado pola Consellería do Medio Rural. Por tanto, en total serán investidos 80.000 euros a financiar coas achegas municipal e a da Xunta de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?