Adxudicado por 150.000 euros o contrato de mantemento e reparación das vías en Vimianzo

1 minutes read
  • O contrato será por tres anos e cada anualidade cífrase en 151.871 euros

O Concello de Vimianzo acaba de adxudicar por tres anos o contrato de mantemento e reparacións urxentes por un valor de 151.871,99 euros cada anualidade. Debido ás condicións meteorolóxicas dos últimos meses, desde o goberno local ven prioritario iniciar canto antes o mantemento das pistas e elementos de drenaxe para que ademais «os 133 núcleos de Vimianzo conten cunha imaxe apropiada durante todo o ano», destaca o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen avanza que “é a primeira vez que se vai comezar con este servizo na primeira quincena de abril.”

Así, os servizos que entrarían neste contrato serían o de saneamento e limpeza en áreas urbanas ou rurais; o de reparación e mantemento das estradas municipais; o de eliminación de maleza e roza; limpeza e tratamento de parques infantís, áreas recreativas e merendeiros; de limpeza e barrido de rúas e beirarrúas ou así como a limpeza de prazas públicas, entre outros.