Adxudicados 24.400 metros cadrados de solo empresarial en cinco concellos

0 minutes read

A Xunta vén de adxudicar máis de 24.400 metros cadrados de solo empresarial agrupado en 13 parcelas dos parques empresariais de Morás (Arteixo), As Gándaras (Lugo), A Reigosa (Ponte Caldelas), Muimenta (Cospeito) e Mos. O acordo aprobado na comisión executiva da empresa pública Xestur supón que as empresas adxudicatarias dos terreos pagarán por este solo algo máis de 2 millóns de euros, unha vez aplicada unha bonificación de máis de 1,15 millóns de euros.