Adxudicados os proxectos de urbanizacion e expropiación para ampliar o parque empresarial de Bértoa

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e o xerente de Xestur,  Diego Jorreto, mantiveron, na tarde deste xoves, unha reunión cos representantes da Asociación de Empresarios e Propietarios do polígono de Bértoa e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que se deu conta da formalización do contrato dos proxectos de urbanización e parcelamento  e tamén do contrato para o proxecto de expropiación para a ampliación deste parque.

Na xuntanza abordouse os avances no proceso de aprobación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial desta II fase de ampliación, unha figura que incluída na Lei de áreas empresariais de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de novembro e que pretende axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación do solo industrial na Comunidade. Neste senso, acordouse que Xunta e Concello exploraran vías de colaboración para abordar as solucións máis óptimas para as obras de urbanización.

Ambas dirixentes salientaron que unha das prioridades da Xunta de Galicia é dinamizar a actividade empresarial e captar novos investimentos, para o cal neste momento a ampliación do polígono é un paso fundamental.  Neste senso, coincidiron no compromiso do Goberno galego co tecido empresarial de Galicia e recalcaron  a importancia de seguir traballando da man do sector para atraer novas empresas e xerar riqueza industrial.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte