Adxudicados os traballos de explanación de seis plataformas no parque empresarial de Morás

A empresa pública Xestur adxudicou os traballos consistentes na explanación de seis plataformas do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo, e os servizos de control de calidade de dita obra. En total, a empresa investirá nestes traballos máis de 1,68 millóns de euros.

As plataformas cuxa explanación se adxudica están emprazadas na primeira fase do parque empresarial de Morás, no que se están executando as obras de urbanización interior. Cos traballos de explanación das plataformas quedarán as parcelas listas para a implantación de empresas unha vez rematen as obras de urbanización da primeira fase do parque empresarial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha