Adxudicados por 91.000 euros os novos vestiarios do campo de fútbol de Buño, Malpica

1 minutes read
  • O proxecto inclúese dentro do plan POS+ Adicional 2020 da Deputación da Coruña

O Concello de Malpica acaba de adxudicar por un importe de 91.605,47 euros a construción dos novos vestiarios do campo de fútbol de Buño. O proxecto inclúese dentro do POS+ Adicional 2020 da Deputación da Coruña. Segundo explicou o goberno local, a actuación servirá «para dotar á infraestrutura dun novo espazo e mellorar a calidade das instalacións tanto para os xogadores como para os propios árbitros».

Os traballos inclúen a construción dun edificio anexo ao campo de fútbol. A cuberta será de panel imitando á tella curva, cunha fachada con muro de bloque cerámico recebado. O teito interior comporase de pranchas pladur.

Deste xeito, a nova edificación contará cunha estancia dedicada a vestiarios para xogadores e outra para os colexiados. As obras contan cun prazo de execución de tres meses unha vez comezada a actuación.