20
En total foron adxudicadas tres parcelas cunha superficie total de 11.872,91 metros cadrados, no parque empresarial da Cuíña, no concello de Cervo.
As parcelas foron adxudicadas a unha empresa que prevé implantar unha planta para recolección de algas para a súa comercialización, creación de vivendas específicos e produción e cultivo de macroalgas e microalgas e a súa transformación para uso industrial.
O prezo de adxudicación destas tres parcelas é de 245.414,59 euros, despois de aplicar unha bonificación da mesma contía, xa que en todos os parques empresariais autonómicos na provincia de Lugo a bonificación é do 50 %.