Adxudicas as obras de demolición da antiga estación de autobuses de Santiago

Estación de autobuses_Concello de Santiago de Compostela

Os traballos, adxudicados á UTE Xestión Ambiental de Contratas S.L.-Construcciones y Servicios OREGA S. L., por máis de 1 millón de euros, comezarán na primeira quincena de setembro e desenvolveranse durante un prazo de tres meses.

O obxectivo da intervención é a demolición do edificio principal da estación de autobuses de Santiago, unha vez que quedou sen uso ao trasladarse os servizos á nova terminal intermodal, construída a carón da estación do ferrocarril.

Con esta actuación, a parcela quedará preparada para a construción dun novo edificio administrativo da Xunta de Galicia, cuxo proxecto está en redacción. Os edificios anexos, destinados a oficinas municipais e ao parque de bombeiros, mantéñense.

Na execución dos traballos, ademais de ferramentas manuais, empregarase a cizalla hidráulica, un método para a demolición de estruturas con formigón e aceiro, que reduce os riscos derivados da vibración que producen outros mecanismos de percusión.
A seguinte planta da estación contén as fases da demolición e a edificación a conservar.