AEMET presenta un visor para predicir o risco de incendios con sete días de antelación


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) acaba de presentar un novo servizo en liña, a través do seu portal web, para mellorar a predición dos niveis de risco de incendios forestais en España. A principal novidade desta ferramenta é a ampliación de dúas a sete a predición dos niveis de risco de incendios forestais en España. Ademais, entre as novas medidas implementadas destaca a mellora da experiencia de usuario, xa que o novo visor permite acceder a distintos niveis de información xeorreferenciada e descargala.

O nivel de risco meteorolóxico diario de incendios forestais desta ferramenta calcúlase a partir dos datos recolleitos polas estacións meteorolóxicas de AMET e dun modelo numérico de predición do tempo. O sistema ten en conta variables como a temperatura do aire, a humidade relativa, a velocidade do vento e a precipitación rexistrada nas últimas 24 horas. Con todo iso, calcúlase o risco de incendio e divídese en cinco clases ou niveis de risco: baixo, moderado, alto, moi alto e extremo. Estes serven como indicador da probabilidade de ocorrencia do lume (frecuencia, estacionalidade e causalidade), así como a súa extensión e intensidade.