Aena anunciou á última hora deste domingo que o aeroporto de Vigo xa está operativo

Aena.

Os técnicos remataron con antelación sobre o tempo previsto, as obras de asfaltado do bache de sete metros de largo por dous de ancho na pista de aterraxe.

As previsións supoñían o desvío de máis dunha trintena de operacións cara á Lavacolla en Santiago ou Alvedro na Coruña. Centos de pasaxeiros embarcaron este domingo en autocares para trasladarse ao aeroporto de Santiago, onde tomaron os voos desviados.

As previsión falaban da reapertura como moi pronto para este luns, pero o bo tempo e a celeridade dos operarios permitiu telo operativo varias horas antes. Aena pídelles aos pasaxeiros que se informen coas compañías aéreas do estado do seu voo.

Os traballos para reparar a pista fóronlle encargados á empresa Francisco Gómez e Cía., con plantas de conglomerado asfáltico quente en Santiago. Aena publicaba este domingo a través da súa conta de Twitter que as tarefas terminaron e Peinador volve funcionar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha