Afaber acerca o seu Proxecto de Sensibilización Interxeracional ao alumnado do IES Alfredo Brañas de Carballo

Este curso escolar 2025-26 Afaber foi unha das AFAs partícipe no Proxecto de Sensibilización Interxeracional Divulgamente, coordinado pola Fundación Barrié e dirixido ao alumnado de bacharelato e formación profesional.
Desde Afaber, o programa foi levado a cabo en colaboración co IES Alfredo Brañas de Carballo e contou con varias fases nas que estivo implicado o alumnado de 1º e 2º de bacharelato:
1ª fase, charla divulgativo-científica dinamizada polo doutor Carlos Spuch que tivo lugar no salón de actos do IES e estivo centrada no coñecemento do cerebro, as demencias e a investigación sobre as mesmas;
2ª fase, na cal a traballadora social e a terapeuta ocupacional de Afaber se achegaron ás aulas para explicar a situación das demencias na contorna bergantiñana e cales son as principais funcións das AFAS acerca delas; e a 3ª fase, onde o alumnado tivo a oportunidade de visitar a sede de Afaber para coñecer de primeira man como é o seu día a día, como funcionan os servizos de atención a persoas con demencia e as terapias non farmacolóxicas que se levan a cabo derribando así os mitos sobre os centros de maiores.
Así pois, con esta última fase que tivo lugar o xoves 22 e o luns 26 de xaneiro, dáse por pechado o Proxecto no cal todas as partes participantes mostraron un alto nivel de satisfación.

Related posts

Camariñas incorpora no Plan Único obras por valor de 681.000 euros

O Concello de Carballo continúa a apostar polo galego como elemento clave de integración social

Camariñas celebrará o Entroido por todo o alto con seis días de festa