Afaber agradece a colaboración de Caixabank un ano máis

1 minutes read

A entidade financeira Caixabank, a través do seu director Anxo Santos Calvo e subdirectora, Begoña Timiraos Castro, entregou á asociación de familiares de persoas con alzhéimer da comarca de Bergantiños (Afaber) 3.000 euros.

Á firma da doazón asistiu o presidente de Afaber, Jesús Villar. En nome de Afaber, Villar expresou «o agradecemento por esta doazón, e por, contar sempre con nos», destacando «a colaboración de CaixaBank coa nosa entidade, todos estes anos podendo dar continuidade aos nosos programas».

Con esta doazón Afaber poderá facer fronte ao desenvolvemento do programa de estimulación cognitiva, do que gozan persoas afectadas pola demencia.

Para os interesados en ampliar información sobre os servizos da asociación poden facelo en Afaber, rúa Camelias, 2 – baixo ou nos teléfonos habituais : 981 758 545 / 625 980 691, ou tamén a través do correo electrónico afabercarballo@gmail.com