Afaber apraza a súa gala 20 aniversario

1 minutes read

Neste 2021 que finaliza cúmprense 20 anos nos que a Asociación de Familiares de Alzhéimer e outras demencias (AFABER) traballa por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unha demencia e das súas familias, sendo entidade referencia na atención as demencias na comarca de Bergantiños.
Para finalizar un ano tan especial a entidade tiña organizada unha gala 20 aniversario que se celebraría o sábado 18 de decembro, no Pazo da Cultura de Carballo.
Conscientes da situación sanitaria e epidemiolóxica actual, e o aumento de casos da COVID19 na contorna, a xunta directiva de AFABER, que preside Jesús M. Villar, decidiu por unanimidade suspender o evento e primar a saúde ante esta celebración tan esperada.
A entidade decide optar pola “prudencia” ante este aumento e evolución dos casos. Será no 2022 cando AFABER poida desfrutar “como se merece deste evento tan esperado, cando se garanticen todas as condicións de seguridade”.
Dende a asociación queren transmitir o agradecemento a todas aquelas persoas e voluntarios que colaboraron na organización da gala que se ía celebrar. Con todo o evento non se suspende definitivamente, senón que se apraza. Informarase da nova data en función do avance a situación sanitaria.