- A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños-AFABER celebrou este mércores unha Asemblea Xeral
Este mércores a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños-AFABER celebrou unha Asemblea Xeral onde, entre outros asuntos, se aprobou o balance económico do ano 2020 cuns gastos caracterizados pola caída dos costes de persoal debido á paralización dos servizos tras a pandemia. «O balance xeral do ano fainos reflexionar sobre a caída drástica na prestación
de servicios en relación ao 2019″, destacan.
Na xuntanza tamén se deu luz verde á memoria das actividades realizadas no ano 2020 e ao presuposto para este 2021, que ascende a 81.700 euros, se ben os gastos cífranse en 84.132 euros. Un ano que AFABER afrontará con «incerteza» debido á diminución do aforo e das restricións na «impartición de talleres de memoria e informativa no marco do envellecemento activo».
A asociación seguirá mantendo as «actividades de continuidade» como os programas de estimulación físico-cognitiva a persoas
afectadas por unha demencia; o servizo de psicoloxía, fisioterapia e logopedia para persoas usuarias dos programas terapéuticos; ou os servizos de transporte adaptado ou de axuda no fogar.
Ademais, se a situación sanitaria o permite, desde AFABER agardan poder retomar os talleres de memoria e de informática, así como as formacións a persoas coidadoras e charlas en diferentes concellos.
No relativo á colaboración e renovación de convenios, a entidade continúa a campaña do seu vinte aniversario e tamén firmou un programa de voluntario e un convenio de prácticas formativas co concello de Carballo a través do programa «Carballo Coida».