Afaber cámbiase a un local máis amplo, á beira da farmacia de Bértoa

Jesús Villar, presidente de Afaber, en las nuevas instalaciones.

Desde o ano 2006 a entidade presidida por Jesús Villar Antelo, situaba a súa sede na rúa Camelias, no barrio carballés de San Cristóbal. Un local que quedaba pequeno xa desde hai anos e que por fin abandonan por outro máis grande e no que poden ofrecer máis servizos. Desde este martes 6 de marzo a entidade ofrece estimulación terapéutica a persoas afectadas por unha demencia no seu novo local do lugar de Mirón, 24, en Bértoa, á beira da farmacia. Alí poderá aumentar as prazas e ofrecer servizos propios como: logopedia, fisioterapia ou psicoloxía. Estes servizos antes ofrecíaos, pero en centros externos. O cambio non é só de lugar, nin de espazo, a entidade dá un paso máis cara á mellora da calidade dos servizos que xa ofrecía. Na actualidade atende a quince persoas pola mañá e quince pola tarde, non podendo ter máis de vinte horas á semana. Ademais Afaber conta actualmente con sete persoas traballando entre persoal e cooperación.