Afaber celebra este martes Asemblea Xeral para conformar a súa Xunta Directiva

1 minutes read

As persoas socias interesadas na presidencia ou en formar parte da Xunta Directiva de Afaber (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños), tiveron ata o 22 de maio para presentar a súa candidatura no seguinte enderezo: Lugar Mirón n24 – Bértoa, Carballo ou en afabercarballo@gmail.com. Este martes dende as 19:15 horas haberá dúas Asembleas, a primeira Ordinaria e a segunda Extraordinaria, nesta última figura na orde do día a elección da nova Xunta Directiva.
Dende a Entidade pregan asistencia á Asemblea Xeral do maior número de persoas socias posible coa intención de aprobar todos os puntos da orde do día.
Para calquera dubida ou cuestión pódese contactar nos números de teléfono: 981758545 – 625 980 691 ou a través do correo electrónico afabercarballo@gmail.com

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?