AFABER celebra o seu 20 aniversario cun programa radiofónico

PIXABAY

  • Comeza este xoves en RadioVoz, e as vindeiras citas serán os mércores ás 12:30 horas

A Asociación de familiares de persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer e outras demencias – AFABER celebra este ano o seu 20 aniversario cun programa radiofónico moi especial co obxectivo de informar á poboación sobre as demencias, a enfermidade de alzhéimer e os tratamentos non farmacolóxicos. Ademais, tamén buscarán achegar ás familias das persoas afectadas datos especializados e actualizados sobre os temas antes mencionados.

Esta programación radiofónica, enmarcada dentro das actividades con motivo do Día Mundial do Alzhéimer que se celebrará o vindeiro 21 deste mes, arrinca este xoves en RadioVoz coa entrevista ao presidente de AFABER, Jesús M. Villar. As próximas citas serán os mércores ás 12:30 horas.

AFABER nace no ano 1998 a través da posta en marcha de grupos de apoio onde familiares de persoas afectadas atoparon un punto de reunión no cal desafogarse e buscar solución a problemas comúns que presentaban no seu entorno familiar. Sen embargo, non sería ata o 2021 cando se constituíse como unha asociación.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha