AFABER celebra o seu 20º aniversario da forma máis doce

Cedida

  • A entidade presentou ‘O chocolate da memoria’, un proxecto en colaboración coa empresa Chocolates Mariño

Vinte anos non se cumpren todos os días, por iso desde a Asociación de familiares de Alzhéimer e outras demencias – AFABER decidiron celebrar a súa traxectoria poñendo en marcha ‘O chocolate da memoria’ en colaboración con Chocolates Mariño.

Con este proxecto distribuiranse tabletas e paquetes de chocolate desta empresa centenaria e parte do prezo dos produtos irá destinado a AFABER. Ademais, os usuarios da asociación serán os encargados de envolver e decorar estes elementos que levarán aos seus consumidores a revivir a súa infancia.

As persoas interesadas en mercar os chocolates poderán acudir ao centro de AFABER (Rúa Camelias, nº2 baixo) en horario de mañá ou chamar ao 625 980 691.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha