Afaber celebrará o día 6 de maio asembleas xerais de socios e socias

1 minutes read

O mércores 6 de maio terán lugar as asembleas xerais ordinaria e extraordinaria de socios e socias da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), que se desenvolverán no local da entidade ubicado no Lugar de Mirón, 24 en Bértoa. Desde Afaber afirman agardar que asistan ás Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria de Socios e Socias o maior número de persoas socias posible coa intención de aprobar os puntos das ordes do día.
Para máis información habilitaron os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Día 6 de maio de 2026
Lugar
Lugar Mirón nº24 Bértoa – Carballo (ao carón da farmacia) Hora 1ª Convocatoria: 19:00 h. 2ª Convocatoria: 19:30 h.
Orde do día
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Estado de Contas 2025.
3. Memoria actividades e balance 2025.
4. Orzamento e actividades previstas para 2026.
5. Rogos e preguntas

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Día 6 de maio de 2026
Lugar
Lugar Mirón nº24 Bértoa – Carballo (ao carón da farmacia) Hora 1ª Convocatoria: 19:45 h. 2ª Convocatoria: 20:15 h.
Orde do día
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Valoración e, no caso, aprobación da adquisición dun local comercial situado en r/Camiño do Bosque nº12, no Concello de Carballo.
3. Rogos e preguntas