Afaber celebrará o próximo martes unha asemblea anual de socios

1 minutes read
  • Terá lugar no local que ten a entidade en Carballo, na rúa Camelias, en dúas convocatorias: unha ás 19.15 horas e outra ás 19.45 horas

O próximo martes Afaber, a asociación de familiares de persoas afectadas polo alzhéimer na comarca de Bergantiños, celebrará a súa asemblea anual de socias no local que ten a entidade na rúa Camelias, en Carballo. Haberá dúas convocatorias: a primeira ás 19.15 e a segunda ás 19.45 horas. Farase un balance das contas e as actividades realizadas durante o 2021 así como a previsión para este ano.

Por outra banda, este xoves desenvolveuse unha charla informativa sobre dispositivos de xeolocalización para persoas con alzhéimer. Foi impartida por Germán Tojeiro, profesor de Sistemas electrónicos do IES Monte Neme e coordinador do proxecto LoRaWAN NEMET.