Afaber clausurará este martes os talleres impartidos a coidadoras familiares

1 minutes read

Dende o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural de Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña, levan a cabo, en colaboración coa Asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños (AFABER), uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares que comezaron o 19 de setembro coa súa segunda edición.
Realizáronse co obxectivo de favorecer os procesos de empoderamento persoal das mulleres coidadoras para lograr a súa participación social e laboral, así como o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa.
Nestes talleres tratáronse distintos temas como: relaxación e conciencia corporal, corresponsabilidade, xestión do tempo, proxecto vital persoal, xestión da culpa, como poñer límites, prevención de acoso na rúa, chegando ao último tema que é a alimentación saudable.
Este martes 28 de novembro, ás 12:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, xunto coa realización da última sesión do curso celebrarase a clausura que finalizará con estes talleres.