28
Como cada ano os talleres de memoria impartidos pola Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños (Afaber) dende outubro chegaron ao seu fin no mes de maio. O vindeiro venres día 2 celebrarase ás 12: 00 horas no Pazo da Cultura de Carballo a clausura dos talleres de memoria, que tras 8 meses de duración chegan ao seu remate. Os/as participantes recibirán os seus diplomas de asistencia na presenza de Mónica Mártinez, educadora Social que os impartiu, en compañía de Jesús M. Villar, presidente de Afaber, e de Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.