0
O curso tivo unha duración de 4 días repartidos nos martes de novembro, e realizouse no Pazo da Cultura. No primeiro taller de hábitos saudables as participantes puideron coñecer a importancia de coidarse así como de coñecer as pautas para que puidesen incorporar na súa vida diaria certas estratexias para sentirse mellor en relación á hixiene do sono, hábitos posturales, alimentación, etc. e desta maneira minimizar os problemas de saúde física e emocional ligados á carga do coidado.