A Asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños (AFABER) celebrou a clausura dos talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, que se levan impartindo dende o mes de setembro.
O Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural de Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña, en colaboración con AFABER, levouse a cabo na segunda edición destas sesións.
Realizáronse co obxectivo de favorecer os procesos de empoderamento persoal das mulleres coidadoras para lograr a súa participación social e laboral, así como o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa.
Cursos de memoria
AFABER conta hai máis de 10 anos con talleres de memoria dentro do seu marco de actividades de estimulación cognitiva e prevención. Unha vez máis da comezo a realización destas sesións no Pazo da Cultura de Carballo, donde este luns 4 de decembro se retoman as clases que durarán ata o mes de maio. Serán sesións dunha hora de duración que se realizarán os luns de 11:30 a 12:30 horas, na 2º planta do edificio e que serán totalmente gratis. Queda aberto o prazo de inscripción no teléfono de AFABER (625 980 691 e 981 75 85 45).