AFABER conmemora o seu 20 aniversario coa publicación dunha revista

1 minutes read
  • En total realizáronse 250 exemplares grazas ao financiamento da Fundación Luis Calvo

Vinte anos dinse pronto pero son moitos momentos, vivencias e traballos. Neste 2021 a Asociación de Familiares de Alzhéimer e outras Demencias – AFABER cumpre dúas décadas dun incansable labor por «mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unha demencias e das súas familias», sinalan desde a entidade que é referencia na atención ás demencias na comarca de Bergantiños.

Esta semana presentouse de xeito oficial a revista conmemorativa que busca «visibilizar» o traballo realizado e tamén a situación que atravesan centos de familias. En total realizáronse 250 exemplares financiados integramente pola Fundación Luis Calvo. Ao acto acudiron o presidente de AFABER, Jesús M. Villar, e a concelleira de Benestar, Maica Ures.

Máis información no 981 758545.