Tras o éxito da actividade en Caión, Coiro e Lemaio, este pasado venres 6 de febreiro tivo comezo na parroquia de Montemaior, na Escola de Cumiáns de 11:30 a 13 horas, ubicación e horario que se manterán o resto das sesión, as cales estarán dinamizadas por por Mónica Martínez, educadora social de Afaber.
As xuntanzas consisten nunha serie de catro sesións por parroquia que tratan as temáticas de saúde mental, traballo das emocións, risoterapia e musicoterapia. Sendo a de risoterapia a que máis triunfa entre as persoas asistentes.
Esta proposta foi realizada polo Concello da Laracha incluida dentro do programa municipal dirixido a promover o envellecemento activo, coidar corpo e mente e evitar a soidade non desexada mediante a promoción da participación social.