Afaber continua a desenvolver o Taller de Intelixencia Emocional en diferentes parroquias do Concello da Laracha

Tras o éxito da actividade en varias das parroquias, este venres 6 de marzo tivo comezo na parroquia de Soandres, na Escola da Fraga de 11:30 a 13 horas. Ubicación e horario que se manterán o resto das sesións, as cales estarán dinamizadas por Mónica Martínez, educadora social de Afaber.
As xuntanzas consisten nunha serie de 4 sesións por parroquia que tratan as temáticas de saúde mental, traballo das emocións, risoterapia e musicoterapia. Sendo a de risoterapia a que máis triunfa entre as persoas asistentes.
Esta proposta foi realizada polo Concello da Laracha incluida dentro do programa municipal dirixido a promover o envellecemento activo, coidar corpo e mente e evitar a soidade non desexada mediante a promoción da participación social.

Related posts

O BNG de Corcubión discrepa coas declaracións destos últimos días dos partidos da oposición

Novos programas de participación social na Costa da Morte, da man de Íntegro

Vieiro continúa reforzando o seu compromiso coa prevención a través do programa ‘Odisea’