Afaber continua co proxecto “Escola de Coidadoras/es”

Trátase dun espazo adicado ás familias coidadoras de persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer e/ou outras demencias enfocadas na transmisión de información coñecementos relacionados con todos aqueles aspectos vinculados aos coidados do día a día.
O vindeiro XOVES 26 DE MARZO terá lugar a terceira sesión gratuita desta segunda volta do obradoiro, que terá como temática principal OS PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS: protocolo básico de actuación, RCP, posición lateral de seguridade, atragantamentos (maniobra de Heimlich), etc. Unha temática do máis interesante e proveitosa cando se trata dos coidados a persoas en situación de dependencia.
A sesión será impartida por un técnico de Protección Civil Carballo e terá lugar no local de Afaber (Lugar Mirón nº24 baixo, en Bértoa, Carballo) ás 17:00 horas da xornada do xoves.
Aforo limitado.
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres