Afaber continúa co proxecto “Escola de Coidadoras/es”

Arquivo.

Trátase dun espazo adicado ás familias coidadoras de persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer e/ou outras demencias enfocadas na transmisión de información coñecementos relacionados con todos aqueles aspectos vinculados aos coidados do día a día.
O xoves 26 terá lugar a segunda sesión gratuita desta segunda volta do obradoiro, que terá como temática principal ADAPTACIÓNS DO ENTORNO E DAS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA EN PERSOAS CUNHA DEMENCIA: adaptación do entorno e das actividades da vida diaria, adaptacións físicas, produtos de apoio, comunicación, etc.
A sesión será impartida pola terapeuta ocupacional de Afaber, Beatriz Crespo e terá lugar no local de Afaber (Lugar Mirón nº24 baixo, en Bértoa, Carballo) ás 16:30h da xornada do xoves. Aforo limitado.
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar