Afaber continúa coa iniciativa «Escola de Coidadores»

Trátase dun espazo adicado ás familias coidadoras de persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer e/ou outras demencias enfocadas na transmisión de información e coñecementos relacionados con todos aqueles aspectos vinculados aos coidados do día a día.
O vindeiro mércores 14 de maio terá lugar a sexta sesión gratuita deste obradoiro, que terá como temática principal o apoio ás persoas con discapacidade e/ou dependencia adentrándose no tema de actualidade do cambio de tutela ao gardador de feito.
A sesión será impartida por Clara López Arias, asesora xurídica do Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo.
E terá lugar no local de Afaber (en Bértoa) ás 10:30h da mañá da xornada do martes.
Para máis información e inscripcións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.

Related posts

O Concello de Zas ten aberto o proceso de contratación de catro grandes obras que suman máis de 554.000 euros

A Xunta inicia traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo

Presentada a programación municipal de inverno do Concello da Laracha