Afaber continua con grupo de apoio para familiares e coidadoras/es de persoas con demencias: MARTES 30 de XUÑO de 16:00 a 17:30h no local de Afaber (ubicado en Lugar Mirón no24 – baixo, en Bértoa).
Estes encontros están dirixidos por Lara Rodríguez, psicóloga especializada. A asistencia será libre e gratuita, aberta a persoas socias e non socias. Polo que, dende a entidade, faise un chamamento a que toda persoa interesada se achegue ao encontro e
saque proveito dun espazo onde terá a posibilidade de intercambiar experiencias propias vinculadas ao coidado de persoas afectadas por un deterioro cognitivo e sentirse apoiada e comprendida nun grupo de iguais.
Será a última sesión ata a volta no verán. O aforo é limitado.
Máis info e inscricións nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45.
0